Pozo Barrento
7).- Flores sen xardín P 16
Poema nº 16
Loitaba contra o naufraxio
que na súa mente
estábase materializando.
Ás veces fuxían dos seus pensamentos
aquelas ideas que lle martelaban
a central do seu cerebro,
tratando de romper a aceirada oposición
a unha posible claudicación.
Acosábana as súas fraquezas,
facendo carantoñas á enteireza,
facendo chiscadelas maliciosas
á indolencia, ao deixarse levar
cara ao abandono total.
Ás veces deixábase convencer
e consentía a recreación
na representación dos sobexos malditos
do pracer descontrolado do seu corpo.
A súa mente semellaba unha pantalla fílmica
onde as secuencias desfilaban en multitude
cara a súa posible perdición.
Loitaba por non perder o seu norte,
e o seu norte era saír do inferno,
sen mirar atrás, sen escorregar
nas cálidas coqueterías das chamas
ardorosas que lambían, tentadoras, os seus pés.
Non quería probar a imprudencia
que a se mesma ofrecíase.
Poida que a euforia puntual,
momentánea, a ceibara da angustia,
da ansiedade por sentirse mellor,
pero a súa intelixencia de pensadora,
con capacidade de decisión,
avisáballe de que a trampa da caída
levaríaa a un estado de maior infelicidade,
de maior ansiedade, dun sufrimento
que a conduciría a estrelarse
contra o sur da súa vida,
contra a meta da súa costa abaixo.
Norma dixo non, unha vez máis.
Norma foi valente. Tiña alma por encima
do triste pracer do seu corpo.
Norma dixo non loitando contra se mesma.