POEMA PARCIAL.-
Pois si, na
miña mente, repouso dos meus recordos,
son como
cabaliños voadores,
xamais
expostos no lenzo da vida
coa vista
dos ollos,
pois a miña
visión,
que era
recreo da miña alma,
inventa
libélulas sobre o fresco humidal do pozo.
Pozo
barrento,
que no
sentido da miña memoria ri a gargalladas
as miñas
aterraxes desde o desequilibrio da bicicleta,
coma se
desmontase,
agardando
que os cabaliños voadores
freasen o
revolcón sobre o lodo do humidal.
Pozo
barrento,
que rumorea
nos oídos da miña nenez
as lentas
caricias que a voz do meu avó materno
vai deixando
entre pingas de suor,
tras o
romper da terra,
que é o
centro onde o amor irrádiase
baixo a súa
espontánea bondade, cadencioso,
e algo máis
lonxe o meu tío Xoán, no seu xusto ditaminar
dá mostras
de equidade no dilema veciñal.
Pozo
barrento,
que asido
pola man das Lameiras,
baixo a
vixilancia eterna de Tameobirgo,
anima a
cantar ás ras
e a deslizar
con suma graza
á culebriña
non maligna, mansa,
e aos
cágados en bandadas.
Vixía ao
abrir o día
o trinar
monótono dos rouxinoles,
musicais,
vibrantes, que de vez en vez
debuxan os
seus bailes sobre o vapor
encantador
dos humidais vivos,
algodón de
azucre nos meus soños.
Pozo
barrento,
gustaríame
escribir esa melodía,
onde a
música silenciosa
convértese
en mudas notas no piano,
alma da
sesta da tarde,
que penetran
con suavidade sedosa
na
expectación acalorada dos humidais,
que loitan
contra a secura dos estíos,
e coróanse
en plateas, en escenarios
e panos coa
cor da noite,
invencións
áureas, reflexos prateados do sol
aínda polo
soño non rendido.
¡Cantos de
calquera maneira amamos
aos próximos
viñedos preñados
de arracimadas
ideas, espremidas
en sangue de
viño e olorosa delicia!
O sol fala
nada máis nacer a tarde
e os amieiros
beben do río prata,
onde se
esconden as ninfas,
sirenas de
doces augas,
coa súa
roupaxe de espadanas.
Seréname a
calma,
ao descorrer
do tempo,
os meus
Parrueiros amados,
onde o aire
fala e convértese en vento,
fanme soñar
coa estampa non esquecida
das mulleres
do povo,
na miña
mente eternizadas
cos seus
tocados na cabeza, cántaros de auga
daquela
misteriosa Viola, adorada fonte,
que aos
medos das miñas noites
convertía en
doces soños.
Cando estrélase
a tarde
faise a paz
no meu povo
e a xente
baña dos seus labores o cansazo
apagando as
luces do seu traballo,
acendendo o
luminoso resplandor do descanso,
bebendo con
fruición pracenteira
do viño da
noite
que aos
poucos os seus ollos vai pechando.




