Poema nº 14
As ondas da praia
enxabóanse con espuma negra.
A lúa mírase no espello opaco da noite.
Os raios do sol parecen fuxir en mil reflexos fríos.
Todo paréceme raro desde que sinto o baleiro
da túa desaparición inesperada.
Esmagoume a soidade e quedei sepultado na noite,
na espuma negra, no reflexo frío,
na nostalxia dolorosa do teu ser.
Se retiras as ondas do meu peito humedecido,
se escondes a lúa que magoa a miña retina,
se destrúes ese sol que á miña alma xea,
quizais volvas no meu peito a ser unha nova vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario