Sergio García D. Caneda
O
meu recordado amigo Enrique era un trobador, o trobador do pobo, e manifestábse
escribindo e cantando as súas obras populares, cada maio, polas rúas e polas
prazas de Verín.
Por
primeira vez na súa longa traxectoria oinlle dicir nunha copla, si mal non
recordo, do ano 1965, como se auto recoñecía como poeta. Dicía “nos os poetas”.
Aí
vai a estrofa: “Non é que con esto/digamos de pronto/que “nos os
poetas”/vivamos do conto/.
Tivemos
una conversa, alá polo ano 1958, sobre a métrica do verso, sobre a rima e mais
sobre o ritmo. Eu preguntáballe porque non escribía as estrofas de certa
maneira. Por exemplo así:
MACHIÑO
CON BARBA/ QUE TAPALA BROZA / QUE TÉS POLA CARA/ SEN DARCHE VERGONZA.
El
refutaba o meu parecer e contestaba de
xeito grave e riguroso:
“Dicía
que él non era académico. Que escribía o que pensaba e que así quedaba.
As
súas coplas dos maios tiñan una
característica como as capelas imperfeitas do mosteiro de Batalha, de alá de
Portugal, cerca de Fátima, pois a veces eran dolorosas as rimas e cadraban a
duras penas. Pero eran temidas e esperadas con ansia, como dicía a miña prima
Teresa. “Anda con xeito non sexa que saias nos maios do Pato”.
Tiña
o mesmo concepto que teño eu da poesía, como si fose a desintegración do átomo,
un estoupido de beleza e de palabras, mentiras e metáforas. A aparición da
palabra e o concepto do ritmo, que non da rima. A métrica dáballe igual,
compaxinaba o curto co kilométrico, pero cumpría o seu obxetivo, que era
divertir e fustigar.
Había
xente que estaba preocupada de como xestaba as coplas dos maios, onde e cando.
As
coplas non se fan de noite, non fai falla que estés afumado, nin que estés para
aculá.
Fanse
cando sexa e donde sexa. Traballando na xoiería, ou indo de visita o Bar
Pepe.
Fanse
falando co Chelis, falando coa Tildita, tomando do viño que servía a Pili, ou
¿porque non? falando co Juanitín. Mellor dito, non é que se fagan, senón que se
pensan e despois escríbese todo aquilo que se recorde.
Eu
pensei un dos meus mellores poemas
facendo “footing”, e dicir, correndo en Ourense polo camiño das ninfas.
Pato
espreitaba a todalas horas. Se non espreitas á xente, senón falas coa xente,
senón oes á xente, difícilmente poderás enterarte dos seus problemas e dos
problemas da sociedade.
Os
Maios non eran outra cousa que A COMEDIA DA VIDA.
Amaba
a Verín como xaula, pero detestaba aos páxaros que se opuñan ó seu desenrolo.
Preocupábase
pola calidade dos productos que eran natos de Verín, por eso fala do Medela nos
seus versos, que era un viaxante enamorado da vila e dos seus viños.
Dí
así nunha das suas coplas: “/Dicía o Medela/ e contaba verdá/ hai mais auga nas
tascas/ que hai en Cabreiroá/”.
Era
agradecido, pois sempre gababa o interés que poñían os dous grandes homes de
Verín para que a tradición dos maios non
decaíse. Demostraio na seguinte estrofa: “/Ao señor alcalde/ ia D.
Edesio Fuentes/ ia D. Xesús Taboada/ terémolos presentes/”.
Tiña
una visión económico social mui desenrolada. Era celoso que outras vilas da
provincia conseguisen cousas, como por exemplo Trives, que tiña una escola de
artes e oficios, e él desgañitàbase para que Verín despertase e se unise para
pedir o que fixera falla. El tiña mui fixo na súa mente que o que non choraba
non mamaba.
Fixádevos
nos segintes versos como choraba e como trataba de estimular a quen
correspondese:
“/Non
admite duda,/ que habendo unión/ o camino ao triunfo/ non ten discusión/”.
Tiña
mui claro que o éxito dos bancos estaba ligado a emigración, pero si estudian a
fondo as dúas seguintes estrofas daránse conta de que él vai muito mais alá.
Está na súa liña. Para min son as duas mellores estrofas que escribiu nas
coplas dos maios:
“/Nos
de financieiros/ non quedamos mancos/ Mirai que ben viven/ os homes dos
bancos./Claro que tamén/ estamos cansados/ de saber que os bancos/ son para
estar sentados./”
Usou
palabras que están na xerga popular do pobo. Por exemplo, folión, estrola, cazolo,
codela, ciscar, latricar, traparatrá, pufo, e mais outras que farían isto
demasiado longo.
Non
poido resistirme a considerar a Enrique Gómez Pato como un defensor da nosa
lingua a través das súas coplas, que chega o paroxismo, senón escoiten os seguintes
versos:
“/Conocemos
un home/ que debe ser manchego/ e non quere cos fillos/ falen o galego./ Ten un
cadeliño/ que lle naceu este ano/ e estalle ensinando/ a ladrar en
castellano./.
As
obras teatráis de Enrique Gómez Pato, tanto “Estreliña” como “Os dous irmáns”,
demostran a concepción bíblica que levaba con él. El era o anxo que botou ós
nosos país do paraíso por pecar nos seus actos cotiáns. Aí temos, por exemplo,
o Caín e o Abel, o malo e o bó.
Apostaba
para que os seus personaxes, que formaban parte da obra Universal chamada
Verín, tanto eles como elas, foran naturais, non sofisticados, que foran
humildes e sinxelos. Non entendía como a xente podía aparentar o que non se é.
Isto está presente na súa obra teatral “Estreliña” e mais en todalas coplas dos
maios que paríu.
Na
obra “Os dous irmáns” chámame a atención a forma de artellar a vida coa
educación en geral que se lle da aos nosos coetáneos. Non òs favoritismos, e
non ós consentimentos, pero sí á forma de axudar a que se busquen saídas
dacordo coas normas éticas e morais, ademáis co que a sociedade demande.
Hai
un pai que peca de prepotente, que confunde a dureza co ensino. E a árbore para
que creza direita ten que ser guiada e regada, pois “nas uñas ou nos pés has de
sair a quen és”.
Hai
una nai que na sensibilidade trata de guiar ó seu fillo por camiños de renuncia
e de sacrificio para que sexa espello e exemplo a todo o que se mova o rededor,
na contorna.
Xa
temos o contraste da vida artellado, anque de maneira esaxerada, entre o cómico
e o dramático, sin esquecer que o cómico tamén é dramático de seu, que sempre
camiñan entre a esperanza e o desacougo.
Xa
temos aquí a chamada ao individuo e a sociedade. Tendo sempre presente que a
sociedade crece inexorablemente ao carón do crecimiento dos individuos como
entes e unidades positivas ou negativas. Unha idea cultivada pode salvarte ou
condenarte.
Enrique
Gómez Pato sempre tivo alma de nómade, aunque non emigrase. Se non fose
xoieiro, de seguro que sería afiador, como demostra un verso dunha copla dos
maios, onde xorde a palabra “baril”, una palabra sacada do barallete, que é a
alma e o medio de comunicación do afiador.
Pode
ser que Enrique pagase algo por ser O “tío Brás”, afiador e pai da Deloriñas na
súa obra “Estreliña”.
Pero
estragou o que tanto quixo porque ó sair de pobre, e ó entrar no mundo dos
ricos, quixo que a súa filla Deloriñas se convertise en Loli, e acabase coas
súas ilusións ó ser rexeitado, como Pedro rexeitou tres veces. Pedro negou por
medo.
Deloriñas,
convertida en Loli, negou ó afiador, (xa rico) , por vergonza. Avergoñábase por
ser a filla dun afiador vestido de galego, nacido do pobo, que só tiña cartos,
pero non tiña presencia, nin cultura, nin estilo.
O
“tío Bras”, o afiador morre, ou déixase morrer de pena porque o que soñou para
o seu ser querido ficou embarrancado no camiño pola acción devastadora da boa
vida, do desgaste das drogas e da advertencia da morte.