Archivo del blog

jueves, 12 de diciembre de 2019

PUNTO E APARTE P 6

L7.- Ó pasar as Lameiras
1).- Punto e aparte  P 6



Poema nº 6

É un pensamento porque as miñas noites
de lecer ás marxes do río, fluir sonoro,
era un monótono son musical, fresco caudal.

É un sentimento porque sempre estiven
namorado das miñas compañeiras de curso,
ás que nunca puiden deixar de recordar.
Porque o aroma deste val pon notas de violín
nos lirios de auga, nas roseiras e caraveis.

É un sentimento porque ó acordar de mañá
os meus ollos reflectían una emoción especial
vendo erguido e maxestoso o castelo altivo,
mirándose vaidoso no brillo espellado do val.

Penso á Verín nas súas rotas de sendeirismo,
nas luminosas postais da súa flora multicolor,
no trinar sinfónico dos paxaros rebuldeiros
cando a fonte do sapo deixa a preguiza ó sol
na serena quietude do mellor marco de relva.

Penso á Verín cando a miña vista fai xogadas
ollando carambolas entre os montes que velan
o seu leito, Ladairo, Maior, San Salvador,
Atalaia, Monte de Cara e Outeiro da Cruz.

Sinto á Verín, os cabaliños da festa do Lázaro,
os ramaliños de coiro, as tómbolas, os barquillos,
os inxertos de Vilamartín, os zapatos con brillo,
os pasarúas, os gaiteiros, a troula dos máis nenos.

Sinto á Verín, primeira emoción, o primeiro baile,
as cabazas das máis guapas, o desengano dos feos,
o pesar, a tristeza o desencanto do final da festa.

Verín non é calquera feito illado,
senón un sentimento que esperta,
una nostalxia, lembranzas na alma,
una rastra de bens ó corazón apegada.

Un xaxún na dor, un sufrir superado,
e só máis esperanza na búsqueda final. 









No hay comentarios: