Archivo del blog

martes, 17 de diciembre de 2019

ENRIQUE GÓMEZ PATO NO RECORDO

Sergio García D. Caneda


O meu recordado amigo Enrique era un trobador, o trobador do pobo, e manifestábse escribindo e cantando as súas obras populares, cada maio, polas rúas e polas prazas de Verín.
Por primeira vez na súa longa traxectoria oinlle dicir nunha copla, si mal non recordo, do ano 1965, como se auto recoñecía como poeta. Dicía “nos os poetas”.
Aí vai a estrofa: “Non é que con esto/digamos de pronto/que “nos os poetas”/vivamos do conto/. 
Tivemos una conversa, alá polo ano 1958, sobre a métrica do verso, sobre a rima e mais sobre o ritmo. Eu preguntáballe porque non escribía as estrofas de certa maneira. Por exemplo así:
MACHIÑO CON BARBA/ QUE TAPALA BROZA / QUE TÉS POLA CARA/ SEN DARCHE VERGONZA.
El refutaba o meu parecer  e contestaba de xeito grave e riguroso:
“Dicía que él non era académico. Que escribía o que pensaba e que así quedaba.

As súas coplas dos  maios tiñan una característica como as capelas imperfeitas do mosteiro de Batalha, de alá de Portugal, cerca de Fátima, pois a veces eran dolorosas as rimas e cadraban a duras penas. Pero eran temidas e esperadas con ansia, como dicía a miña prima Teresa. “Anda con xeito non sexa que saias nos maios do Pato”.
Tiña o mesmo concepto que teño eu da poesía, como si fose a desintegración do átomo, un estoupido de beleza e de palabras, mentiras e metáforas. A aparición da palabra e o concepto do ritmo, que non da rima. A métrica dáballe igual, compaxinaba o curto co kilométrico, pero cumpría o seu obxetivo, que era divertir e fustigar.
Había xente que estaba preocupada de como xestaba as coplas dos maios, onde e cando.
As coplas non se fan de noite, non fai falla que estés afumado, nin que estés para aculá.
Fanse cando sexa e donde sexa. Traballando na xoiería, ou indo de visita o Bar Pepe. 
Fanse falando co Chelis, falando coa Tildita, tomando do viño que servía a Pili, ou ¿porque non? falando co Juanitín. Mellor dito, non é que se fagan, senón que se pensan e despois escríbese todo aquilo que se recorde.
Eu pensei un dos meus mellores poemas  facendo “footing”, e dicir, correndo en Ourense polo camiño das ninfas.
Pato espreitaba a todalas horas. Se non espreitas á xente, senón falas coa xente, senón oes á xente, difícilmente poderás enterarte dos seus problemas e dos problemas da sociedade.
Os Maios non eran outra cousa que A COMEDIA DA VIDA.


Amaba a Verín como xaula, pero detestaba aos páxaros que se opuñan ó seu desenrolo.
Preocupábase pola calidade dos productos que eran natos de Verín, por eso fala do Medela nos seus versos, que era un viaxante enamorado da vila e dos seus viños.
Dí así nunha das suas coplas: “/Dicía o Medela/ e contaba verdá/ hai mais auga nas tascas/ que hai en Cabreiroá/”.
Era agradecido, pois sempre gababa o interés que poñían os dous grandes homes de Verín para que a tradición dos maios non  decaíse. Demostraio na seguinte estrofa: “/Ao señor alcalde/ ia D. Edesio Fuentes/ ia D. Xesús Taboada/ terémolos presentes/”.
Tiña una visión económico social mui desenrolada. Era celoso que outras vilas da provincia conseguisen cousas, como por exemplo Trives, que tiña una escola de artes e oficios, e él desgañitàbase para que Verín despertase e se unise para pedir o que fixera falla. El tiña mui fixo na súa mente que o que non choraba non mamaba.
Fixádevos nos segintes versos como choraba e como trataba de estimular a quen correspondese:
“/Non admite duda,/ que habendo unión/ o camino ao triunfo/ non ten discusión/”.
Tiña mui claro que o éxito dos bancos estaba ligado a emigración, pero si estudian a fondo as dúas seguintes estrofas daránse conta de que él vai muito mais alá. Está na súa liña. Para min son as duas mellores estrofas que escribiu nas coplas dos maios:
“/Nos de financieiros/ non quedamos mancos/ Mirai que ben viven/ os homes dos bancos./Claro que tamén/ estamos cansados/ de saber que os bancos/ son para estar sentados./”
Usou palabras que están na xerga popular do pobo. Por exemplo, folión, estrola, cazolo, codela, ciscar, latricar, traparatrá, pufo, e mais outras que farían isto demasiado longo. 
Non poido resistirme a considerar a Enrique Gómez Pato como un defensor da nosa lingua a través das súas coplas, que chega o paroxismo, senón escoiten os seguintes versos:
“/Conocemos un home/ que debe ser manchego/ e non quere cos fillos/ falen o galego./ Ten un cadeliño/ que lle naceu este ano/ e estalle ensinando/ a ladrar en castellano./.

As obras teatráis de Enrique Gómez Pato, tanto “Estreliña” como “Os dous irmáns”, demostran a concepción bíblica que levaba con él. El era o anxo que botou ós nosos país do paraíso por pecar nos seus actos cotiáns. Aí temos, por exemplo, o Caín e o Abel, o malo e o bó.
Apostaba para que os seus personaxes, que formaban parte da obra Universal chamada Verín, tanto eles como elas, foran naturais, non sofisticados, que foran humildes e sinxelos. Non entendía como a xente podía aparentar o que non se é. Isto está presente na súa obra teatral “Estreliña” e mais en todalas coplas dos maios que paríu.
Na obra “Os dous irmáns” chámame a atención a forma de artellar a vida coa educación en geral que se lle da aos nosos coetáneos. Non òs favoritismos, e non ós consentimentos, pero sí á forma de axudar a que se busquen saídas dacordo coas normas éticas e morais, ademáis co que a sociedade demande.
Hai un pai que peca de prepotente, que confunde a dureza co ensino. E a árbore para que creza direita ten que ser guiada e regada, pois “nas uñas ou nos pés has de sair a quen és”.
Hai una nai que na sensibilidade trata de guiar ó seu fillo por camiños de renuncia e de sacrificio para que sexa espello e exemplo a todo o que se mova o rededor, na contorna.
Xa temos o contraste da vida artellado, anque de maneira esaxerada, entre o cómico e o dramático, sin esquecer que o cómico tamén é dramático de seu, que sempre camiñan entre a esperanza e o desacougo.
Xa temos aquí a chamada ao individuo e a sociedade. Tendo sempre presente que a sociedade crece inexorablemente ao carón do crecimiento dos individuos como entes e unidades positivas ou negativas. Unha idea cultivada pode salvarte ou condenarte.

Enrique Gómez Pato sempre tivo alma de nómade, aunque non emigrase. Se non fose xoieiro, de seguro que sería afiador, como demostra un verso dunha copla dos maios, onde xorde a palabra “baril”, una palabra sacada do barallete, que é a alma e o medio de comunicación do afiador.
Pode ser que Enrique pagase algo por ser O “tío Brás”, afiador e pai da Deloriñas na súa obra “Estreliña”.
Pero estragou o que tanto quixo porque ó sair de pobre, e ó entrar no mundo dos ricos, quixo que a súa filla Deloriñas se convertise en Loli, e acabase coas súas ilusións ó ser rexeitado, como Pedro rexeitou tres veces. Pedro negou por medo.
Deloriñas, convertida en Loli, negou ó afiador, (xa rico) , por vergonza. Avergoñábase por ser a filla dun afiador vestido de galego, nacido do pobo, que só tiña cartos, pero non tiña presencia, nin cultura, nin estilo.
O “tío Bras”, o afiador morre, ou déixase morrer de pena porque o que soñou para o seu ser querido ficou embarrancado no camiño pola acción devastadora da boa vida, do desgaste das drogas e da advertencia da morte.




No hay comentarios: