Archivo del blog

domingo, 31 de mayo de 2015

MIS VERSOS Y MI CAMINO P Nº 5


POEMA Nº 5


Explico mi ser que vivo
más allá de la materia.
Explico que no tengo alma,
apenas un hálito de sombra.
Explico que no tengo corazón,
a no ser que un mudo latido
asomado a mi pecho abierto
sea ventana a mi esperanza.

Explico mi ser que vivo
más allá de los sentidos.
Explico que no tengo amor,
apenas un ligero suspiro,
que a través de mi seca vena
recorre como sangre la arteria
de la dureza del sentimiento.

Explico mi ser qué vivo
en la aridez del desierto,
donde apenas una lágrima
consigue surcar como riego
los poros muertos de mi cara,
inexistente gesto risueño,
parabiosis de mis mejillas,
que forman de frente mi cuerpo.

Explico mi ser qué vivo
un sin vivir, como muerto,
más allá de la materia,
más allá del sentimiento. 





sábado, 30 de mayo de 2015

MIS VERSOS Y MI CAMINO P Nº 4


POEMA Nº 4


Lo más hermoso de mi vida,
aquel beso que me dabas al despertarme,
tiernamente, con la seda de tus labios.
Despertarme a besos era prueba de tu amor,
y yo miraba tus ojos, y mis ojos reflejaban,
y tu cara era música, y tu sonrisa bailaba
entre los poros invisibles de tu cara. 
Y en el puro cristal de tus pensamientos
nuestros ojos jugaban a ser espejo
al mirarnos con ternura desatada.









MIS VERSOS Y MI CAMINO P Nº 3


POEMA Nº 3


El humo oscurecía el corazón de Dios, 
el  ruido que la muerte dejaba en los oídos del viento
helaba el alma de la bahía con sus olas encrespadas.
El entorno lloraba tan suave que sus lágrimas 
jamás se confundirían, entre el odio opaco,
con el silbar macabro de las bombas asesinas.
Ni una sola gaviota era síntoma de vida
y el sol escondido tras las emociones del miedo
quemaba el pensamiento, mortal herida,
arrasaba para siempre la serena recuperación
de la vuelta a la calma. Desapareció el tiempo.
Y el futuro no pudo mostrar los muertos.
Si acaso la crueldad en los espacios desiertos.










MIS VERSOS Y MI CAMINO P Nº 2


POEMA Nº 2


Te marchaste
con el silencio en tu alma
y te llevaste entre tus labios
escondido
el sabor de un beso mío
soñado
en un amanecer tranquilo,
y al despertar
bajo mis ojos había lluvia,
lágrimas redondas,
blandas, argentadas,
que regaban los poros de mi cara,
enjugados
por el placer de una sonrisa
al hacerse mayor la mañana.











MIS VERSOS Y MI CAMINO P Nº 1



POEMA Nº 1

Apareciste en mi tarde,
cuando trabajaba mi alma,
cuando escapado mi pensamiento
te buscaba en el dormir de la hoja seca,
en el silbar discontinuo del sonoro viento,
en la cama adormecida del agua del río,
que sonreía y llevaba corriente abajo
melancolías y suspiros
encendidos por los rayos del sol,
que despiertos nos buscaban
en la sombra de los alisos.
Hola, decía el alga que escondía los ojos
acechantes de la rana humedecida
por el agua serena que besaba la orilla.
Y se oscureció el día en su rincón favorito
y las nubes lloraron al nublar sus ojos
la tarde, que a su declinar se rendía.
Y yo trabajaba mi alma
al tratar como un loco nervioso
de encontrar un recuerdo que tuyo fuera,
y los pájaros, el sol y el agua
desde el cielo de nuevo se rompieron,
y te vi, amor, toda entera, como eras,
encerrada en la dulzura de tu cuerpo. 












VERSOS QUE XURDEN P Nº 11



Poema nº 11

Volviches a ti logo de ver como es,
e unha vez que te sentes como antes
soñas de novo ilusións, soñas
que o teu corpo ten vida, vives
esperando que che abran a porta
tras a que os pensamentos vense
coa dozura do bico nos ollos,
coa pausada caricia da mirada,
e de súpeto intensamente un sorriso
no rostro abre o corazón da túa alma.
Flores, tes pétalos case vermellos,
repartidos pola seda da cara,
de ouro, esmaltado floreiro,
é o debuxo puro dos teus beizos.







jueves, 28 de mayo de 2015

NA DOR DA MEMORIA



SERGIO GARCÍA D. CANEDA



NA DOR DA MEMORIA


Alí estaba cos meus soños de neno xogando a recordar
por baixo dos voos fantasmeiros dos paxaros fachendosos,
ollando a coreografía da súa rítmica redonda.
Perto voaban, tamén, libélulas elegantes
que compuñan estrofas circulares
de música e poesía, de sons e sentimentos.
Reparaba na calor que reflectía a terra,
eran boquexadas asfixiantes agarradas á vida.
Esperaba amigos que se confundisen coa sesta
entre os ladridos de cans prendidos
suplicando aos seus donos liberdades desexadas.
Non era o importante o ser tombado,
queimado na cara do sol, nos seus ardentes ollos,
mirando supino cara á sucia atmosfera
convertida en signos sintomáticos de pus e morte.
O importante era o relax que se facía cordón umbilical
entre a terra e o ceo, embobado en movementos
de nubes brancas, gris escuro ou negro mate,
deixando ao descuberto a nitidez do azul vendido
por un Deus rencoroso e vingativo,
que ademais tamén mal vendeu a natureza,
a orde, os valores, ata aquí insobornables,
a cambio de seguir sendo eternamente inmortal.
Pechaba os ollos e imaxinaba os seus ministros
como billeteiros da súa tiranía imposta.  
O aire da sesta mergullábase no río,
que se perdía augas abaixo entre os verdes amieiros,
entre as algas que tecían nacarados traxes,
onde as ras croaban escondidas,
facendo bondades de partituras imaxinadas.
O río non se daba conta, non o sabía e avanzaba,
buscando aos poucos o cemiterio mariño
para morrer entre a megalomanía das súas ondas,
entre o repugnante e misterioso sabor salino.

¡Oh, asasino da dozura da auga do río!

Aí ódiote cada vez que nos meus soños
desaparecen as metas disoltas nos camiños,
e só vexo os medos deses tristes percorridos,
entre meandros de dor con recunchos escuros
que se bañan sen pudor entre as sombras do vento,
entre os cantos rodados que foron testemuñas do tempo.

Nunca deixei de mirar cara ao infinito teito,
buscando a un Deus distinto, perdido, para min perdido,
entre o abandono escondido do deixamento inflexible,
da dolorosa indiferenza dun ser case insensible.

Se a rara inxustiza dos homes se escorre
entre as callosas mans da inexistencia,
se a rara xustiza divina descansa escandalosa
no pináculo da asombrosa non nascencia,
que lle queda ao ser humano para esixir con razón
o que cre que é o seu dereito e non só a súa obrigación?
Sigo esperando amigos e comprázome no frescor
da miña amada Viola, da miña fonte non esquecida.
E os meus amigos comezan a correr
a través dos meus pensamentos, dos meus recordos,
que espertan na suma claridade da miña saudade. 
E subimos xubilosos desde o forno ata o sagrado,
descansando en recreos non buscados,
entre a sombra desexada das rúas cegas,
entre eiras que sempre foron bigornias,
que zafras por sempre foron,
nas mallas tradicionais do trigo e do centeo.

Alí estaba cos meus soños de neno, procurando
o rastro desaparecido do meu pai, a súa presenza,
e chegábame o seu aroma, o cheiro das súas botas,
chegábanme os seus constantes queixumes,
os seus alentos sufocados, recreados en ziguezague,
entre fardos de contrabando e alixos de valor,
sobre a raia fronteiriza do seu vivir esperanzado. 

E eu seguía pensando, esperando,
xa non só os meus amigos,
senón o meu pai escapando
de carabineiros e guardiñas.

¡Canta dor nas miñas longas esperas!

¡Como pesaba a escuridade da noite
entre o medo aos homes hostís,
aos ouveos ameazantes dos lobos,
á necesidade perentoria que produce
o non vivir acomodado no mundo
da frialdade dun Deus que xa morreu!

Sigo pensando e soñando baixo a calor da sesta,
no xogo da fronteira,
buscando un presente,
obxectivos primordiais,
construíndo espirais na miña alma.

Busquei con ansiedade enfermiza
manter viva a memoria, non deixala escapar,
non perder a súa vida nos cemiterios mariños
do repugnante sabor salino,
que sempre acaba coa dozura dos ríos da esperanza.

¡E a memoria ao fin e ao cabo
só desexaba desembocar
entre as ondas mariñas do ceo!



OURENSE A 10 DE XUÑO DE 2010




UN PEQUENO INTRE



SERGIO GARCÍA DACOSTA


UN PEQUEÑO INTRE


Non foi como un suspiro,
tan só foi un pequeno intre,
pero en min nasceu a dor,
unha terrible inquedanza,
unha irreversible ausencia,
unha saudade maldita
no berce da noite escura,
entre sombras incoloras,
entre visións escondidas
nos agachados ollos cegos
da noite inventada triste.
Latexos de corazón parado
entre esperanzas ocultas
de reloxos atrasados,
sen horas, sen corda e sen vida.



OURENSE A 10 DE XUÑO DE 2010




O DERRADEIRO POEMA



SERGIO GARCÍA DACOSTA


O DERRADEIRO POEMA


Cal será o meu derradeiro poema?
Que pena furtará o vento
no meu corazón baleiro?

De verdade que só teño
realidades vas, mentiras,
criadas entre as espiñas
de coroas lacerantes,
de furados asasinos.

Vertendo bágoas de sangue
pola miña fronte agredida, ferida,
por feroces dacabalo,
por lanceiros seducidos
con promesas ofrecidas
de mil infernos acendidos
nas chamas devastadoras do odio.

Rompe a tenrura oculta
nos cofres desexados do amor
e mata a maldade que vive
no corazón invadido
pola incomprensión contaxiosa.



OURENSE A 10 DE XUÑO DE 2010




miércoles, 27 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 12


Poema nº 12

Só por verte subía pobo arriba,
en calquera recuncho sabía acharte,
os teus ollos delatábante, azuis como o ceo,
a túa mirada derretía o xeo frío do silencio
e un lixeiro tañido oíase ao lonxe,
e ao verte, ou ao imaxinarte, xa non sei,
bambaneábame no brillo da túa cara,
pegábame aos teus beizos co pensamento,
acariñaba o teu pelo cos latexados apresurados,
que se volvían música no meu peito.
Só por verte subía pobo arriba
e imaxinábame o sol nas túas fazulas,
e o calor da túa cara acariñaba celoso
o doce sabor a mel do teu sorriso,
e cando, ao fin, puiden bicarte
nese momento amenceu a miña vida.









martes, 26 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 11



Poema nº 11

Son os teus cabelos
un seco mar de ondas,
un trigal dourado de espigas
mexido polos ventos suaves
dun sopro divino do ceo.

Es a beleza e o desexo,
es o corpo perfecto modelado
polos pensamentos da alma,
polas notas musicais
dun amencer florecido.





lunes, 25 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 10



Poema nº 10 (variante)

Déixame acariñar o teu silencio
por se me sentes,
cando chove a alma
desde nubes de esperanza,
regando ceos azuis
en oasis que nos teus ollos locen
como estrelas vivas de nocturnos desertos.
Os espellos da alma
amencen en novos anhelos,
nunca no seu interior perdidos,
mentres a sedela da sorte
é lanzada no dilema do camiño
en busca de inventos de dozura
abrazados aos latexados da vida.
Espero e sinto porque quero
pechar os meus ollos para oir
como se afastan co vento
os suspiros que se perden
no aire abovedado da miña mente.
Veludo na miña mente sempre foron
as caricias desas mans que as sinto
pechando os meus ollos,
buscando recordos.






VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 9



Poema nº 9

Houbo un día que fiquei
prendido nos teus ollos,
pendurado nos resplandores
da túa limpa mirada.
Notei caraveis roxos
acariñando o meu corpo,
notei caricias e mimos
arredor da miña alma.

Ben te puidera querer
coa alma da miña loucura.
Ben te puidera sentir
dentro de min que se foses
tan inmensa como o aire,
que se foses auga,
que se foses terra,
eu sería o mundo,
e todolo universo,
e todala materia.

Quérote dende que o mar
foi unha gota de relento,
fuxido a repique lixeiro
do orballo do amencer.
Quérote, si que te quero
dende antes de coñecerte,
dende antes de que naceras.

Déixa, polo menos, que pense
que o quererte sí que é amor,
e non só loucura da  mente.






VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 8



Poema nº 8

Déixame parte da túa alma,
que será o meu século de tempo.
Déixame deter cos meus labios
o derradeiro segundo da túa vida,
que será o meu século de tempo.
Quero facer do teu segundo
o meu século longo de amor.

Avanza polo meu sangue,
con brazadas cadenciosas,
amorosas, silenciosas,
avanza polo meu sangue
pondo caricias de seda
nas paredes tapizadas
do seo das miñas veas.

Donde saes fogo
do meu amor, amplo misterio?
Lembranzas, só lembranzas
perdidas na tempestade do tempo,
entre os desordes da miña alma
dende que te perdiches no vento,
dende que te perdiches no aire
dos longos camiños do ceo.




VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 7


Poema nº 7


Foron ás túas mans o primeiro que toquei ó coñecerte
e de verdade que sentín as bolboretas amorosas dos teus dedos.
Foron as túas mans, deseguro, que puxeron un vermello
aveludado nas paredes do meu corazón tremecente.
Tiven soños ó teu lado, doces soños, que acenderon
os esqueiros de miña alma sen queimar-me.
Nunca dormín sen acariñar as falanxes dos teus dedos
esquiando pola miña palma de man ata dormirme.
As túas mans tremelexantes acariñaban os recunchos
escondidos entre os poros aledados da miña cara.
Ainda sinto as túas mans facendo estelas de seda
bambeando diante os ollos do meu ser eternamente.




martes, 19 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 6

Poema nº 6


Mergúllome no río das túas lembranzas
e ainda bebo da auga da túa cara.
Ainda non esquecín o sabor do teu corpo
e sigo sendo feliz nese amor que non morreu.
Non me acosan as sombras que me siguen,
pero sintoas nas costas sin miralas.
Non me acosa o brillo do teu sorriso,
pero sinto o gozo de miralo cando quero
no interior vacío da túa ausencia.
Acompáña-me a soedade sen ti,
pero confórta-me porque te vexo
coa vista física do meu corazón,
cos ollos tristes da miña alma.
Fuches faro guía referencia
na beira do mar das nosas vidas,
fuches todo aquilo que soñei,
fuches sólida como aceiro
mentres as miñas mans ansiosas
aferrában-se a ti por non perderte.
Quen te levou, envexoso,
agredindo a miña alma tan de a feito?







VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 5

Poema nº 5

Verde, todo extenso verde,
aroma fresco, vida recén,
reflexo do raio do sol,
milleiros de espellos, estímulo,
eterno estímulo, respirar
recendo infinito, suave latido,
tenrura de recén nacido.
Olor, extenso olor,
gozo, todo extenso gozo,
manto espallado, pracer,
húmido frescor, olor a herba,
seo das miradas dun neno,
lembranzas, nostalxia dos teus ollos,
que na outra beira do prado
eran farois de esperanza
que daban sentido á miña vida.
Verdes, sempre os teus ollos verdes
nas herbas verdes do meu prado.






sábado, 16 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 4

Poema nº 4

A derradeira hora do día faise porta
e por ela entra a noite, apretada, cinguida.
Chiscan ollos as estrelas
con carreiras onde a luz morre escondida,
onde o ceo arma maxias invisibles
con debuxos de horizontes incribles.
Son as cores máis escuras que non brillan,
son os rezos do silencio,
son as mudas oracions do desencanto,
son os choros meditados
dunhas almas que lle negan o descanso.
A dinámica da vida xa non canta,
dorme o movimento escravizado
e só Deus sabe se soña temerosa
cunha fatiga xa esquecida
en doce ou amarga cama tendida.
Ninguén soubo dicirme certo
se a morte e só un dormir lento
ou se o dormir de forma clara
é case unha morte frustrada,
unha columna que non vemos,
unha néboa que detrás só ten o nada,
unha escuridade compartida,
onde reserva parada a vida.
Onde só importa despertar
para tornar a comezar.
Toda a vida é un sen retorno,
unha fugaz carreira, un só nacimento,
un pozo sen ronzal nin fondo.






VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 3

Poema nº 3

Amor,
que xa non ficas no meu corpo,
pero es materia calquera
na miña mente afervoada.
Non é que te soñe,
nin que te lembre con delirio,
pero pénsote,
pénsote fuxindo airado
entre as cisuras do meu cerebro,
pénsote no latido emotivo
dunha alma solitaria
que agora reza calada.
Ainda celoso de ti mal vivo,
tan celoso de ti que xamais
podería amosarte a ninguén.
Como non vou a pensarte
sobre peixes de esperanza erguido,
se segues montando e fuxindo
nos lombos de prata azulados
de raros cabalos mariños!
Es a estrofa construída
cos versos da miña nostalxia,
e sen lerte nunca seite de memoria,
recoñézote en algures sen verte
cando oio en ti sons de harmonía.
Agrádame que a música sexa túa
se vou soñarte ó longo da vida.




VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 2

Poema nº 2

Ameite no dorso dunha bolboreta imaxinada,
compartindo o seu voo misterioso sen oirte,
finxindo orgasmos escondidos polo aire
dese tempo aínda non nacido.
Ameite no voo dunha bolboreta inexistente,
no fundido crisol da nada, máis alá,
moito máis, entre a terra e o ceo,
moito máis alá da morte sen nacemento,
no silencioso vento
das ánimas encarceradas, perdidas 
no camiño en procura da vida.
Ameite cando a chuvia fíxose auga
na boca da treboada,
cando os fogos de artificio
alumaban en ziguezague escandaloso
ese baleiro tan escuro
dun máis alá descoñecido.






VERSOS NAS HORAS CALMA P Nº 1


Poema nº 1

Pérolas húmidas percorren a túa pel,
cóxegas de cobiza nas miradas,
pel moura, queimada polos ollos
do sol, luz ardente, bicos
nun belo corpo, anxo dourado.
E é a onda, rizo mollado,
no seu vaivén afortunado
doce caricia hidratante
sobre a seda dos teus poros
que nas bocas da túa pel tórnanse labios,
devolvendo con premura a caricia agradecida
á tenra aperta do mar, á mirada intensa do sol.
Os teus pés nus, roce divino, pracer,
móllanse leves pisando a case gris area,
querendo rozar a espuma
da orla fugaz que se esfuma
entras augas revoltosas da onda
que torna ó mar coa súa rítmica redonda.


"PALABRAS"

Debías estar hablando
si la palabra la mudez cura,
si el código del entendimiento
puede consolidar relaciones,
si deseo andar hacia tu voz
y hablarte, decirte que te oigo.
Pues tu palabra es martillo
y yunque dentro de mi oído.
Háblame que quiero oírte
y aprender de las campanas
de tu mente, feliz campanario.



"O PINTOR FERIDO"

Choven bágoas desde as nubes dos seus ollos
e o ferido, que ten cicatrices na alma,
levanta os brazos para agarrarse no baleiro
á completa inexistencia das túas mans.
Eu non estaba, ti tampouco fuches sostén,
porque ninguén xa existía no sentimento,
só o duro caparazón da débil esperanza
era un frío remedio ao odio recentemente nado.
¡Cantos cabalos forman o galope medorento
que aniquila a razón e establece o desamor!
A dor avanza pintando a través do tempo
o cadro de trazos negros, escuro e frío,
coas bágoas como firma daquel ferido.