Poema
nº 3
Amor,
que xa non ficas no meu corpo,
pero es materia calquera
na miña mente afervoada.
Non é que te soñe,
nin que te lembre con delirio,
pero pénsote,
pénsote fuxindo airado
entre as cisuras do meu cerebro,
pénsote no latido emotivo
dunha alma solitaria
que agora reza calada.
Ainda celoso de ti mal vivo,
tan celoso de ti que xamais
podería amosarte a ninguén.
Como non vou a pensarte
sobre peixes de esperanza erguido,
se segues montando e fuxindo
nos lombos de prata azulados
de raros cabalos mariños!
Es a estrofa construída
cos versos da miña nostalxia,
e sen lerte nunca seite de memoria,
recoñézote en algures sen verte
cando oio en ti sons de harmonía.
Agrádame que a música sexa túa
se vou soñarte ó longo da vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario