Poema nº 2
Ameite no dorso dunha
bolboreta imaxinada,
compartindo o seu voo misterioso sen oirte,
finxindo orgasmos escondidos polo aire
dese tempo aínda non nacido.
Ameite no voo dunha bolboreta inexistente,
no fundido crisol da nada, máis alá,
moito máis, entre a terra e o ceo,
moito máis alá da morte sen nacemento,
no silencioso vento
das ánimas encarceradas, perdidas
no camiño en procura da vida.
no camiño en procura da vida.
Ameite cando a chuvia fíxose auga
na boca da treboada,
cando os fogos de artificio
alumaban en ziguezague escandaloso
ese baleiro tan escuro
dun máis alá descoñecido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario