Archivo del blog

sábado, 16 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 4

Poema nº 4

A derradeira hora do día faise porta
e por ela entra a noite, apretada, cinguida.
Chiscan ollos as estrelas
con carreiras onde a luz morre escondida,
onde o ceo arma maxias invisibles
con debuxos de horizontes incribles.
Son as cores máis escuras que non brillan,
son os rezos do silencio,
son as mudas oracions do desencanto,
son os choros meditados
dunhas almas que lle negan o descanso.
A dinámica da vida xa non canta,
dorme o movimento escravizado
e só Deus sabe se soña temerosa
cunha fatiga xa esquecida
en doce ou amarga cama tendida.
Ninguén soubo dicirme certo
se a morte e só un dormir lento
ou se o dormir de forma clara
é case unha morte frustrada,
unha columna que non vemos,
unha néboa que detrás só ten o nada,
unha escuridade compartida,
onde reserva parada a vida.
Onde só importa despertar
para tornar a comezar.
Toda a vida é un sen retorno,
unha fugaz carreira, un só nacimento,
un pozo sen ronzal nin fondo.






No hay comentarios: