Poema
nº 12
Só por
verte subía pobo arriba,
en
calquera recuncho sabía acharte,
os teus
ollos delatábante, azuis como o ceo,
a túa
mirada derretía o xeo frío do silencio
e un
lixeiro tañido oíase ao lonxe,
e ao
verte, ou ao imaxinarte, xa non sei,
bambaneábame
no brillo da túa cara,
pegábame
aos teus beizos co pensamento,
acariñaba
o teu pelo cos latexados apresurados,
que se
volvían música no meu peito.
Só por
verte subía pobo arriba
e
imaxinábame o sol nas túas fazulas,
e o
calor da túa cara acariñaba celoso
o doce
sabor a mel do teu sorriso,
e
cando, ao fin, puiden bicarte
nese
momento amenceu a miña vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario