SERGIO
GARCÍA DACOSTA
UN PEQUEÑO INTRE
Non foi como un suspiro,
tan só foi un pequeno intre,
pero en min nasceu a dor,
unha terrible inquedanza,
unha irreversible ausencia,
unha saudade maldita
no berce da noite escura,
entre sombras incoloras,
entre visións escondidas
nos agachados ollos cegos
da noite inventada triste.
Latexos de corazón parado
entre esperanzas ocultas
de reloxos atrasados,
sen horas, sen corda e sen vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario