Archivo del blog

lunes, 25 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 10



Poema nº 10 (variante)

Déixame acariñar o teu silencio
por se me sentes,
cando chove a alma
desde nubes de esperanza,
regando ceos azuis
en oasis que nos teus ollos locen
como estrelas vivas de nocturnos desertos.
Os espellos da alma
amencen en novos anhelos,
nunca no seu interior perdidos,
mentres a sedela da sorte
é lanzada no dilema do camiño
en busca de inventos de dozura
abrazados aos latexados da vida.
Espero e sinto porque quero
pechar os meus ollos para oir
como se afastan co vento
os suspiros que se perden
no aire abovedado da miña mente.
Veludo na miña mente sempre foron
as caricias desas mans que as sinto
pechando os meus ollos,
buscando recordos.






No hay comentarios: