Archivo del blog

martes, 19 de mayo de 2015

VERSOS NAS HORAS CALMAS P Nº 6

Poema nº 6


Mergúllome no río das túas lembranzas
e ainda bebo da auga da túa cara.
Ainda non esquecín o sabor do teu corpo
e sigo sendo feliz nese amor que non morreu.
Non me acosan as sombras que me siguen,
pero sintoas nas costas sin miralas.
Non me acosa o brillo do teu sorriso,
pero sinto o gozo de miralo cando quero
no interior vacío da túa ausencia.
Acompáña-me a soedade sen ti,
pero confórta-me porque te vexo
coa vista física do meu corazón,
cos ollos tristes da miña alma.
Fuches faro guía referencia
na beira do mar das nosas vidas,
fuches todo aquilo que soñei,
fuches sólida como aceiro
mentres as miñas mans ansiosas
aferrában-se a ti por non perderte.
Quen te levou, envexoso,
agredindo a miña alma tan de a feito?







No hay comentarios: