Archivo del blog

martes, 21 de mayo de 2019

PARAXES Á DESCUBERTA.- GALEGO


1.- Calahonda aprópiase do mar para facer crer 
que chora bágoas azuis de ledicia e de pracer.

2.- Serra Mariola entrecruza os seus carreiros máxicos
a través dun florido manto de plantas e reflexos
que se coan entre ramaxes tinguidos por cores eternas e perfeitas.

3.- Deica pouco pasarán facendo pulos de valos o espíritu do silencio
e os ceos do cantar da alma, que en cada recuncho do monte
urden a festa do tempo.

 4.- Ao Castelo só lle fai falta abrir as asas poderosas do seu amor defensivo
para facer que a cidade se divirta nas súas vixías cotians.

5.- Os salgueiros chorons nada teñen que ver coa cidade amurallada,
que defende con tesón a intromisión do bárbaro e o desgaste
que o paso do tempo non se resiste a executar.

6.- O mar de nubes convértese nun océano de auga cando o cerebro soña,
entre pinceladas de imaxinación, as unións dos cantiis flotantes
coas ondas de auga e vento.

 7.- Os vales parecen acuarelas deitadas aos pés das montañas altivas.

8.- Están tan ben colocados os obxectos, que se asemellan a unha composición
onde a harmonía, o ritmo, a simetría e o control da cor, por parte da natureza,
fan vibrar a alma e o corazón da paisaxe.

9.- Tombado cara o ceo poderás esquivar moito mellor os malos pensamentos
e as obras que van penarche a alma.

10.- Cando as flores recrean a súa presenza nos túneles da vida, convértense
as cores nas notas sonoras que pon musicáis estrofas á poesía da luz e os tons
eternos dos minutos felices.

11.- En paraxes como éste non fan falta capelas para rezar. A montaña reza soa,
sen partitura musical. E se buscas o eco respondón ten coidado coa pureza
con que remata cada son ao chocar coa pedra que pecha o val.
As voces armoniosas nacen do vento que penetra entre os ocos angostos. 
















 







 










 

No hay comentarios: