A baixo cero é moi difícil pensar, pero o que o xeo é capaz de suxerir
captase só tendo a mente cálida e o corazón ardente.
Os ríos son como as arterias, o máis belo e importante está perto do corazón.
Se pintas o teu cerebro de cores verás a vida doutra maneira. O final é o cumio
dos teus desexos. Pensa sempre en algo que mereza a pena ser un bo compañeiro
na túa viaxe.
Os días son sempre máis curtos canto máis agradables son os intres de ocio.
Nunca poderei esquecer a túa face cando me sorrías o carón dos xardins da nosa
xuventude. Soñei que eras unha flor. O ceo non me deixa verte. Esa é a miña dor.
¡Qué puras son as cousas que acariñamos co tacto da nosa mirada cando a beleza
non é corrompida pola eterna vixilancia do mar!
A montaña eleva os seus picos o ceo sendo consciente de que as raíces diríxense ao
corazón da terra para falarlle do sol e da neve, do ben e do mal, do amor e do odio,
da incomprensión e da tolerancia. Da xustiza e do que xulga o home.
Da ecuanimidade e do subxetivo obrar dos indecentes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario