6).- Primeiro Chanzo P 18
Poema nº 18
Inventeite a diario para
acompañarte e non sentir soidade.
Inventei un bico, un aloumiño
embriagador nos teus beizos,
na túa pel. Inventeite a diario,
carbón aceso no meu corazón.
Inventei un suspiro na alma que
calma un ansia,
un anhelo, a paz do meu sosego. Un
acougo de paz cotián.
Inventeite a diario doce e serena,
os teus ollos,
luces de seda, aliviando eterno a
miña pena.
Inventei unha mirada, amencida na
miña cara,
limpa, próxima, posta en ti, no teu
ser enteiro.
Inventeite a diario para que
espreites os meus soños,
e acariñes o meu corazón, latexando
nos meus pensamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario