4).- Sete poemas a Ana P 5
Poma nº 5
Sempre dozura foi a cor profunda
do mar sereno do teu existir.
Pintaches cadros de amor,
que os teus fillos gozaron ao colgalos,
nas áureas paredes do corazón,
que os meus netos converteron
en eterna e feliz infancia.
Como loitaches para cambiar o futuro
do que ao final foi sen remedio!
Como loitaches para que a miña dor
non fóra tanto, mentres sorrías!
Cando nos meus ollos séquese a fonte
das perladas pingas do meu penar
só terei bágoas brandas de prata
sucando as miñas fazulas demacradas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario