Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Un verso, unha lembranza P 10

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
c).- Un verso, unha lembranza  P 10




Nº 10

Só por verte subía pobo arriba,
en calquera recanto sabía pensarte,
os teus ollos delatábante, azuis como o ceo,
a túa ollada derretia o xeo frío do silencio
e un lixeiro toque ouvíase ao lonxe,
e ao verte, ou ao imaxinarte, xa non sei,
bambeábame no brillo da túa cara,
pegábame aos teus beizos co pensamento,
acariñaba o teu cabelo cos latexos apresurados,
que volvíanse música no meu peito.
Só por verte subía pobo arriba
e imaxinábame o sol nas túas meixelas,
e a calor da túa cara acariñaba celoso
o doce sabor a mel do teu sorriso,
e cando, ao fin, soñeite nun bico,     
nese momento, amenceu a miña vida. 







No hay comentarios: