Archivo del blog

viernes, 12 de julio de 2019

Versos atopados P 4

Pozo Barrento
2).- Versos atopados  P 4


Nº 4

Es ti o camiño un millón de veces percorrido.
Es o silencio da quietude, da mudez
o calado berro que no corazón faise voz.

Es ti a pinga de rocío que adherida á alma
refresca o suspiro, en decámetros de amor,
cinta métrica alongada. Es ti a eterna presenza
dunha ausencia na vida, agora e sempre es ferida,
es a caricia intensa non esquecida, xa de volta,
es ti a suave mirada con intensidade namorada.

Es ti o perenne recordo dunha man que se aperta
a outra man que nos salva. Es finalidade no intento,
es tifón en escaleira, chanzo de impulso vivo
que suspirando un ceo queda suspendido. Es así,
como o vento, unha tempestade que firme nos eleva
cara a un posible no tempo. Apagada fogueira fría.

Es ti a nube humana que a diario é observada,
xanela de entrada nun ceo con acceso case incerto.
E unha imaxe de luz cuberta tras as nubes fórmase viva,
faise chama, visión sen fin nun corazón, recordo terco. 


No hay comentarios: