1.- Rabal
d).- Versos nas horas calmas P 12
Nº 12
Dóeme a mar, mariñeiro,
augas de azul e sangue,
dóeme a mar maltratada,
acosada polos impulsos
dunha avaricia consentida,
dun tácito compromiso
de deixarse caer indolente.
Dóeme a mar mariñeiro,
pero máis dóeme o reflexo
da morte por riba das ondas,
da bravía mar picada,
por unha vez impotente,
morréndose conformista
baixo o tapete do interese
e a desculpa do charlatán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario