1.- Rabal
d).- Versos nas horas calmas P 14
Poema nº 14
Só por verte subía pobo arriba,
en calquera recuncho sabía acharte,
os teus ollos delatábante, azuis
como o ceo,
a túa mirada derretía o xeo frío do
silencio
e un lixeiro tañido oíase ao lonxe,
e ao verte, ou ao imaxinarte, xa
non sei,
bambaneábame no brillo da túa cara,
pegábame aos teus beizos co
pensamento,
acariciaba o teu pelo cos latexados
apresurados,
que se volvían música no meu peito.
Só por verte subía pobo arriba
e imaxinábame o sol nas túas
fazulas,
e o calor da túa cara acariñaba
celoso
o doce sabor a mel do teu sorriso,
e cando, ao fin, puiden bicarte
nese momento amenceu a miña vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario