Archivo del blog

miércoles, 22 de mayo de 2019

IMAXES NA MEMORIA.- VÍDEO GALEGO


1.- A arte maniféstase desde a intelixencia e a sensibilidade.

2.- As ideas descansan sobre soños de orixinal imaxinación.

3.- Todos temos pontes na mente para salvar as dificultades da creatividade.

4.- As cousas serias prefiren non rirse para darse importancia. Pero o certo
é que todos as ollan.

5.- As lanchas do porto deportivo agardan esperanzadas a que as gallas das árvores
fáganlles cóxegas nun tempo non moi afastado.

6.- Non debemos deixar de soñar,
é a ilusión máis querida,
unha luz sempre acendida
que non debíamos apagar.

7.- Na vida as cousas son como son e non como aparentan ser.

8.- Se todos ollásemos cara arriba non seríamos quen de ver e sentir outras belezas
máis doadas para nos.

9.- A maioría das veces os grandes predios bambaneanse pendurados nas lianas
feitas de algodón de azúcar.

10.- O voso sino é pensar e calar como fan os sabios.

11.- As luces maquillan na noite a fermosa cara dos edificios singulares, sentindo
cálidos aloumiños que sedan o corazón.

12.- Qué vanidade mirarse no espello da auga e sentirse ateigado de color e  claridade.

13.- A noite embelece as harmonías de luz e color, e sementa o misterio da grandeza
no corazón das cidades.

14.- Ao través desta magna fiestra vense as obras que fan do home unha fonte 
de precisión e simetría.

15.- As fontes da cultura son inesgotables no arte, que nos fan viaxar ao pasado
e voltar bañados nun mar de coñecimentos.








 






















No hay comentarios: