Archivo del blog

miércoles, 22 de mayo de 2019

MIRAR O MUNDO.- VÍDEO GALEGO


1.- Parece que o sol vai a bañarse nas cálidas augas do mar,
pero non é así, o que acontece é que son as horas de durmir.

2.- As verdadeiras trevoadas son as que deixan na alma
as dores agudas do desamor.

3.- O arco da vella faime pensar na imposiblidade de acadar todo
aquelo que desexo.

4.- A beleza dos paisaxes hai que ollala coa dozura do corazón e sentila 
co pracer da alma.

5.- Se soñas que subes cara o ceo é que pensas achar o teu espíritu
entre os paxaros rebuldeiros do camiño.

6.- Qué pensas que nen sequera se che nota na cara?

7.- Por qué só me ensinas os teus ollos se a túa alma está dicindo
que no teu corpo só hai beleza?

8.- O sol faise o remolón para non renunciar a grandeza dun deserto
cheo de alma.

9.- A neve mírase presumida nas claras e virxináis augas do lago.
E de súpeto dase conta de que a súa pureza é un feito. A pena é que
non ten garantida a perpetuidade.

10.- Os árvores dobran os seus cadrís cando maxestuoso pasa o Rei.

11.-  Esta é unha verdadeira praia para acariñar as infindas saudades
da alma coa pracenteira escuma das ondas.

12.- Pode que haxa algún ser que non pense que o paraíso está máis perto
de nos do que parece!

13.- Non pode existir a posibilidade de que a química relaxe tanto como
este retiro espiritual. Só me falta un libro para ter á man e o rechouchiar 
dos paxaros! 

14.- O deporte énchenos de expectativas e a montaña agarda a ser vencida.

15.- Aquí tedes o misterio da auga, a pedra e máis o discorrer da vida,
sempre hai atrancos, pero a auga busca o seu camiño, e de verdade que nada
impide que chegue ao mar.

16.- Escoita o teimoso caer da auga sobre o chan da fervenza. Ten ritmos de música. 
Ten harmonías, sons e movementos que xeran ventos de humidades nunca sentidas.
Só vistas desde dentro da alma.

17.- O Gran Desfiladeiro do Colorado agarda carexas no seu corazón e bicos de dozura
na súa alma tan angostada.

18.- Hai lugares que ainda de morto parece que vives nese ceo tan esperado. Aquí faise 
monumental o mundo.

19.- A beleza do glaciar forma parte da xuntanza entre o ceo e a terra, nos paraxes
incribles das eternas fermosuras.

20.- Elevarse ata o ceo non debe ser tan difícil, tan só tes que atinar coa escada certa 
e cos pasos adecuados. 

21.- Escolle unha estrela e vixía os dubidosos pasos do meu corazón, que idoso latexa
entre as fatigas da vida.

22.- Se buscas a alma da montaña xamáis poderás entendela se non entendes a auga,
o sol e o vento que zoa.

23.- Qué ilustre estás Mont Saint entre as sombras da noite alumeada polos raios da lúa!

24.- Simplemente unha paisaxe. Simplemente a natureza facendo bordados 
nos tapetes infindos da terra. Non é posible que o mundo morra nos brazos
da oscuridade.

25.- Oe o murmurio da auga,
susurros, doces voces de amor,
chamada máxica, tenrura infinda
que me eleva nas asas do meu soño
ao paraíso da miña dita.

26.- Por detrás dos rochedos quizáis comecen odiseas e aventuras. Por diante das rochas
xigantes é moi certo que temos un mundo traquilo e pracenteiro.

27.- O pazo do concello do Porto só ten parangón co ceo que o sostén como se fose un Deus humanizado.

28.- O místico reza rodeado de silencio
cando o día comeza a romper en claridade,
cando a noite abrindo os seus ollos
abandona as sombras e camiña cara o alba.















































































No hay comentarios: