Archivo del blog

jueves, 23 de mayo de 2019

O QUE ME SURPRENDE.- VÍDEO GALEGO


1.- Hai recunchos na natureza que te invitan a pecar. 
Bendito pecado o amar para sempre!

2.- Os socalcos, os vendimadores, o río Douro e máis a contorna
climática son os versos dun dos cuartetos que forman o soneto
imperecedoiro do viño da Regua.
Hai moito amor na laboura do viño. O labrego agarima e acariña
a uva como se o froito do Douro fose dun valor inestimável 
como produto contínuo.

3.- Os cantiis non teñen máis remedio que ser amigos do mar para
que neles rompan as ondas e curen as súas feridas.

4.- As covas de Carvoeiro parecn esponxas xigantes que absorven o sol
 e refrescan a alma.

5.- O Algarve, ademáis de praias,
ten un brillante nas súas augas,
que no seu camiño o sol vai deixando
como agasallo de estíos soñados.

6.- Qué misterio ten a rocha que flota na auga
e ensina a súa singular fermosura a través dos ollos do día?

7.- Saltando de pedra en pedra xogamos co espíritu do regato
ata cansarnos de alegría.

8.- O viño de labrador quere ser acariñado pola pel do home.
As máquinas non teñen alma
e á uva machúcanlle o corazón.

9.-Non creo que a bela amanse á besta.
Son os sentimentos!

10.- A auga non só forma parte da vida, senon que parece
o azucre que endulza a natureza ata convertila na sobremesa
dos deuses.

11.- Arde o ceo, pero a praia polo horizonte ensínalle a auga
da súa salvación. Din que o pecado desaparece co bautismo.

12.- Este mar de flores suspeitosas faime presentir a desconfianza 
nas intencions do home por escondelas entre as montañas e as nubes.
























No hay comentarios: