Archivo del blog

jueves, 16 de mayo de 2019

PÉTALOS A SOLTA VÍDEO



Mais pétalos a solta



O tempo pérdese morto tras a porta do máis alá.



As aves rinse entre picos porque poden asucar o ceo, buscando a tranquila serenidade do universo.

Todos quixésemos ser aves para remontar o tempo coa soltura, coa alegría da claridade, co brillo da alma, co lustre dourado do corazón.

Xa non existe o aldeán, nin a aixada, nin o arado, nin os regos aliñados polas abiecas simétricas das rellas de ferro que se afunden na terra ao tirar dos acémilas.

Na fonte de Viola non ven as caras belas das mozas casaderas. Nin sente cantar, nin o asubío namorado do mozo que disimula a súa pena no corazón.

Deixa que os nenos xoguen. Non comeces a prohibir o seu desenvolvemento integral.

Primeiro o home pretende inventar unha lei que o protexa das súas rapiñas, das súas intrigas, dos seus movementos crematísticos esaxerados, da avaricia, do enriquecemento rápido. Así tamén do tiro de graza á ilusión, á beleza da solidariedade, ao desinterese, ao altruísmo e á decencia. Despois, simplemente, delinque.

Cría con desesperación esperando, aínda que nunca chegase a esperanza.

Non sentas a amargura da túa ausente adolescencia, pero si sente o gozo da túa deliciosa mocidade, para ser exemplo de experiencias na túa vida de adulto.

Morreu sen ser feliz por vivir nun mundo sen amor, sen paixón e sen tolemia.

Era un home sinxelo que disfrazaba a súa modestia co seu ornamental porte exterior.

Arrandeábase  no tempo eterno sen preocuparse de contar os segundos da súa hora interminable.

Loitaba por non perder o seu norte, e o seu norte era saír do inferno sen mirar atrás, sen escorregar na cálida coquetería das chamas ardorosas que lambían os seus pés, tentadoras.

Norma foi valente. Tiña alma por encima do triste pracer do seu corpo. Norma venceuse a se mesma.

Amábanse profundamente, e amáronse ás agachadas, celosos ambos de que o mundo puidese sabelo.

Eva non tiña sombras na súa alma, só pegadas de dozura.

Soñaba con pisar as pegadas que a súa alma ía deixando ás súas costas e así saber dos seus sentimentos.

Marchouse loitando coas decisións nos seus pensamentos.


Era unha bela xitana, de mirada almendrada, de acastañada casca e doce interior.

Peiteábase cara ás espirales dos seus enmarañados cabelos, e a súa mirada clara, con azulados escintileos, acariñaba a alma do mundo.

As sombras frías adoitan encamiñarse cara á desesperante escuridade da noite do sufrimento.


Mirou cara a dentro pola fiestra da súa alma, e aínda atopou raios de amor no seu corazón morno.

A súa cara era o estigma do sufrimento e os seus pasos inseguros soportaban a careta do traxe da pobreza.

Se alguén quere e proponse que o mediocre inculto sexa considerado como un sobresaínte sabio é porque vai sacar tallada para os seus intereses particulares.

En quén confías que tanto te traizoa?

Mírame coa tenrura das túas pupilas postas nos ollos do meu corazón.

Na cegueira da alma empezou a debuxarse a morte. Na visión da alma naceu a vida.

Quedou a árbore sen follas. É o outono da vida.

¡Que raro é o amor que vives que pensas que non es querido!

Creoute muller para amarte, pero  esqueceuse de inventar o teu corazón.

Flores vermellas na túa boca pintan de sangue os meus beizos.

 

No hay comentarios: