3).- Andainas dos pensamentos P 11
Nº 11
A xente xa vive morta,
non é posible matala máis.
O bicho, escuro prata,
forma figura, paxaro asasino,
ten partos de dor.
non é posible matala máis.
O bicho, escuro prata,
forma figura, paxaro asasino,
ten partos de dor.
Ao lonxe, tarde,
a sirena perde o seu xemido,
chega tarde
co seu recado de morte,
aviso imperceptible,
sen sorte.
chega tarde
co seu recado de morte,
aviso imperceptible,
sen sorte.
Pedra ponte,
corrente de auga sangue,
explosión das tripas do aire,
un cadáver milleiros,
millón morte,
milleiros guerra.
corrente de auga sangue,
explosión das tripas do aire,
un cadáver milleiros,
millón morte,
milleiros guerra.
Despois o silencio,
cegueira, mudez, sensación,
depresiva impotencia,
a soidade do vento,
o aire seco do sentimento.
cegueira, mudez, sensación,
depresiva impotencia,
a soidade do vento,
o aire seco do sentimento.
Respirar, afogo, respirar
o sufrimento,
o cheiro podrecido do odio
estancado,
o paraíso borrado,
incluído a árbore do mal,
nin sequera
na árbore do ben
amence a conciencia.
o sufrimento,
o cheiro podrecido do odio
estancado,
o paraíso borrado,
incluído a árbore do mal,
nin sequera
na árbore do ben
amence a conciencia.
E despois o silencio?
Milleiros guerra.
E todos a correr,
en multitude a inventar
unha Xénese de maior esperanza,
outros novos pais,
outra nova xente,
sen vivir, só para soñar
a morte que mata mortos,
que Deus! Que tiranía!
en multitude a inventar
unha Xénese de maior esperanza,
outros novos pais,
outra nova xente,
sen vivir, só para soñar
a morte que mata mortos,
que Deus! Que tiranía!
No hay comentarios:
Publicar un comentario