Archivo del blog

sábado, 13 de julio de 2019

Andainas dos pensamentos P 15

Pozo Barrento
3).- Andainas dos pensamentos  P 15




Nª 15

Sombra de muller,
que na miña aldea unha noite
vin e descoñecín.
Sombra que imaxinei
namorada case a cegas. 
E soño que á miña aldea viaxo
entre nubes incoloras,
mexido polos cálidos recordos
de xestas, de flores e toxos.

Noto ausencias, noto ladridos,
aromas que en ti xermolaron,
doces ansias sentín de verte,
dores raras que nunca sufrín.
Ollo curioso e non vexo,
nin cheiro e tampouco escoito,
só o silencio magoa,
morde, esgaza recordos,
mata o pasar do tempo
ata pensar simplemente
que só existiches na miña mente.

Pecho os ollos para verte,
pero tampouco te soño,
nin sequera te recordo.

Xa nin aromas na túa pel
acenden en min desexos.
Dores si, sinto dores
no meu corazón enfermo
por non ser ti unha realidade.
O corazón si era o meu
e na súa central diana
alcanzáchesme tan de cheo
que a miña alma, ao non ser miña,
salvouse da túa influencia
sendo libre hoxe en día.

Puiden flotar no aire
do vapor da túa ollada,
puiden nadar na escuma
dos teus beizos xabonosos,
puiden na túa boca meterme
e gozar do teu sabor,
lamentando con pesar
non haberte coñecido.


No hay comentarios: