6).- Primeiro Chanzo P 3
Nº
3
A xente xa vive morta,
non é posible matala máis.
O bicho escuro con forma
de figura paxaro asasino
sofre partos de tamaña dor.
As sereias perden seu xemer
naquela lonxanía, tarde,
acordaron tarde
o lúgubre recado da morte.
Pedra ponte,
corrente de auga sangue,
estoupido das tripas do aire,
un cadávre, un millón,
millón morte, millón guerra.
Despois o silencio,
a soedade do vento,
o podrido fedor do odio estancado,
o paraíso borrado,
e todos a correr en tropel,
a inventar un xénesis de máis
esperanza,
outros novos pais,
outra nova xente, sen vivir, só
soñar.
Qué morte que mata mortos,
qué Deus, qué tiranía!

No hay comentarios:
Publicar un comentario