6).- Primeiro Chanzo P 8
Poema nº 8
Á voz insonora de que vén o lobo!
quixen fuxir e non puiden, zopenco,
pero non era o lobo o que me
acosaba,
era un soño entre certo e
mentireiro
que me paralizaba sen piedade.
Pois sí que é certo que tiña povo,
se non fora desta maneira sería non
nado.
Un tirante colgado e outro no seu
lugar
sostiñan as miñas calzas por riba
do embigo.
Ao meu carón choraban as pedras,
o brión vertía raras vágoas
enfiadas
saídas dos ollos verdes mollados de
seu.
¡Que negrura ficaba queda despois
de que a alma asemellase tamaña
dor!
Por aí seguín, por ese regueiro
seco,
ausente de veas que de arreo
regasen
este meu corpo sen latexos no
corazón.
Por iso non tiven olladas de amor!
Só a morte do meu pai me apenou
neste raro soño que tan pouco
entendo,
onde os mocos do meu nariz
estonaban a pel dous meus beizos.
Sempre foi mais grande a miña
soedade
ca invisible non existencia do
nada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario