6).- Primeiro Chanzo P 9
Poema
nº 9
|
Podo escoitarte, maldita tarde,
que agochas o sol da miña ledicia, apagas o raio dourado, besta maldita, arrefrías a miña alma dentro da hora escura. Así actúas, coma se os meus soños fosen froito dunha rara inconsecuencia; mudos, e non cegos, pero mudos encapsulados nos medos procreados por unha acción que só existe no feroz dor da noite, que lenta goza na ausencia do tempo. É excesivo o dano que na miña mente durmida tan insolente reflicte o xa vivido con temor, que me doe ao repetirse tan mal creados a imaxe, o son e o movemento quedo, paralizados nesa pantalla plana e falsa, pero nacida de moitos odios provocados. |

No hay comentarios:
Publicar un comentario