Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Un verso, unha lembranza P 4

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
c).- Un verso, unha lembranza  P 4



Nº 4

Columna invisíble de auga nunca vista,
unida ao sol por un raio apagado,
volcán ou mar ondulado,
feito amor que aínda afastado dura
desde que ambos xemelgos amenceran.
Mar e ceo, de sombras en movemento,
de aves como páxaro que voan
sen mover apenas as súas ás,
soben e baixan en vaivéns crebados
sobre o sólido ar das ondas,
encrespadas, odiosa espuma,
que á voz do vento deixa muda,
e na súa escondida pena balbucia
estertores de alerta na beira,
silenciosas, cadenciosas pisadas
de sereias encantadas
sobre a area dourada. 

Intensa carícia sobre a orla abrandada,
sangue de sal en pingas humedecida,
que terco o mar por milleiros vomita. 


No hay comentarios: