Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Un verso, unha lembranza P 3

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
c).- Un verso, unha lembranza  P 3



Nº 3

Espindo a miña palabra
vou e pregunto ao vento,
vestido de tifón insolente,
se o seu continuo dialogar
polos recantos da túa dor
será preludio á túa esperanza.

Mais eu sigo gritando en silencio
a inútil protesta desouvida.

Espindo a miña palabra
vou e pregunto á vida,
de implacable verdugo vestida,
se a súa desorde pavorosa
creou en ti sensacións
de conformismo simulado.

Mentres eu sigo gritando,
sempre así e non doutra maneira,  
en silencio a miña protesta, calado,
durante tanta inútil espera. 


No hay comentarios: