1.- Rabal
c).- Un verso, unha lembranza P 2
Nº 2
Cara
ocupada, querida cara,
con cen mil sorrisos claros,
unidos a ti pola alma.
Teñen alma os teus sorrisos,
e ten lume escondido
a cor da túa ollada,
e nese rostro expresivo
ficou pintado un suspiro
de felicidade soñada.
Tanto pracer é a causa
das túas bágoas de alegría.
Polos sulcos da túa cara
flúen ríos luminosos,
que en sangue acenden a auga
no mar dos teus sentidos,
e eu alégrome habelos visto
co meu corazón nun latido.
con cen mil sorrisos claros,
unidos a ti pola alma.
Teñen alma os teus sorrisos,
e ten lume escondido
a cor da túa ollada,
e nese rostro expresivo
ficou pintado un suspiro
de felicidade soñada.
Tanto pracer é a causa
das túas bágoas de alegría.
Polos sulcos da túa cara
flúen ríos luminosos,
que en sangue acenden a auga
no mar dos teus sentidos,
e eu alégrome habelos visto
co meu corazón nun latido.

No hay comentarios:
Publicar un comentario