1.- Rabal
c).- Un verso, unha lembranza P 1
Nº
1
O
martirio do meu peito é cruel carreiro,
cuxa
relva é a tristeza que xa piso,
toda
chea de dor e sufrimento,
todo
pena é meu camiño, Deus o quixo.
Non
é un canto, é un xemer, é un queixume,
que
desgarra lentamente o santuario
da
miña alma que en anacos se desangra
balizando
as súas pingas meu calvario.
Foi
a morte un cruel rateiro indesexable,
que
pasando o meu carón enrabechada
arrincoume
dun lapote traizoeiro
o amor e o corazón de quen amaba.

No hay comentarios:
Publicar un comentario