1.- Rabal
c).- Un verso, unha lembranza P 7
Nº 7
Cal será o meu derradeiro poema?
Que pena furtará o vento
no meu corazón baleiro?
De verdade que só teño realidades vans,
aparentes certezas, mentiras,
creadas entre as espiñas
de coroas lacerantes,
Que pena furtará o vento
no meu corazón baleiro?
De verdade que só teño realidades vans,
aparentes certezas, mentiras,
creadas entre as espiñas
de coroas lacerantes,
escambróns sangrantes
de furados asasinos.
Vertendo bágoas de sangue
pola miña fronte agredida,
ferido, case morto e ferido
por feroces a cabalo,
por lanceiros seducidos
con promesas ofrecidas
de mil infernos acendidos
nas chamas devastadoras do odio.
Escachemos a tenrura oculta
nos cofres desexados do amor
e matemos a maldade que vive
nos corazóns invadidos
pola incomprensión contaxiosa.
de furados asasinos.
Vertendo bágoas de sangue
pola miña fronte agredida,
ferido, case morto e ferido
por feroces a cabalo,
por lanceiros seducidos
con promesas ofrecidas
de mil infernos acendidos
nas chamas devastadoras do odio.
Escachemos a tenrura oculta
nos cofres desexados do amor
e matemos a maldade que vive
nos corazóns invadidos
pola incomprensión contaxiosa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario