Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Un verso, unha lembranza P 8

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
c).- Un verso, unha lembranza  P 8



Nº 8

Non foi como un suspiro,
tan só foi un pequeno intre,
mais en min naceu a dor,
unha espantosa inquedanza,
unha irreversíbel ausencia,
unha saudade maldita
no berce da noite escura,
entre sombras incoloras,
entre visións escondidas
nos agochados ollos cegos
da noite inventada triste.
Latexos de corazón detido
entre esperanzas ocultas
de reloxos atrasados,
sen hora, sen corda e sen vida. 


No hay comentarios: