Pozo Barrento
2).- Versos atopados P 11
Nº 11
Súmome cego no meu interior, pero penso e aínda
recordo.
Repaso a vida nova, claridade, esplendor elevado na
miña mente,
experiencias dunha idade gardadas no cofre
máis secreto da vida.
Sinto como onte, afastado anterior, elevábame na miña
ilusión viva,
gozando no contemplar inventado do discorrer da auga
do río.
Tempo sido, nas miñas ansias nacente, fluyente,
eterno no meu desexo puntual, con toda a intensidade
vivido.
Lembro os trinos, coro musical, na copa da árbore
escondidos. O soar do vento, vibrar compasado
das follas verdes do tempo, tañido de metal nos meus
sentidos.
Súmome cego, pero penso e río, e a miña gargallada é a
historia,
crónica doce, ignorancia de neno,
inocencia na entrega diària do meu tempo lume aceso.
Xenerosidade, efusión clara de amor, aínda que ao
final
poida chegar perdido.
Súmome cego no recordo, e penso que fun feliz algún
día,
se ser feliz é non caer na trampa de querer ignorar
a miña sida historia real,
de ignorar quen son e quen fun,
de ignorar o río e o seu nacente, e non esquecer que
debo lembrar
en que mar eu poderei desembocar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario