1.- Rabal
d).- Versos nas horas calmas P 20
Nº 20
Penso agasallarte con flores cada vez que me firas a
alma.
Cando me acariñas o corazón sinto remexerse o meu
sangue.
Polo aroma do teu corpo, aínda que non existas, sei que
es ti.
Polas túas caricias nos poros da miña cara, onde
gravache amor,
chegáronme doces recordos dun pasado moi feliz. Case
onte.
Se foses a lúa, no ceo branca, eu sería o sol para
máis perto sentirte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario