1.- Rabal
d).- Versos nas horas calmas P 5
Poema nº 5
A derradeira hora do día faise
porta
e por ela entra a noite, apertada,
cinguida.
Chiscan ollos as estrelas con
carreiras
onde a luz morre escondida, onde o
ceo
arma maxias invisibles
con debuxos de horizontes
incribles.
Son as cores máis escuras que non
brillan,
son os rezos do silencio,
son as mudas oracións do
desencanto,
son os choros meditados
dunhas almas que lle negan o
descanso.
A dinámica da vida xa non canta,
dorme o movemento escravizado
e só Deus sabe se soña temerosa
cunha fatiga xa esquecida
en doce ou amarga cama tendida.
Ninguén soubo dicirme certo
se a morte e só un durmir lento
ou se o durmir de forma clara
é case unha morte frustrada,
unha columna que non vemos,
unha néboa que detrás só ten o
nada,
unha escuridade compartida,
onde reserva parada a vida.
Onde só importa espertar
para tornar a comezar.
Toda a vida é un sen retorno,
unha fugaz carreira, un só
nacemento,
un pozo sen soga grosa nin fondo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario