1.- Rabal
d).- Versos nas horas calmas P 4
Poema nº 4
Amor, que xa non ficas no meu
corpo,
pero es materia calquera na miña
mente afervoada.
Non é que te soñe, nin que te
lembre con delirio,
pero pénsote, pénsote fuxindo
airado entre o xuízo
do meu cerebro, pénsote no latido
emotivo
dunha alma solitaria que agora reza
calada.
Aínda celoso de ti mal vivo, tan
celoso de ti que xamais
podería amosarte a ninguén. Como
non vou a pensarte
sobre peixes de esperanza erguida,
se segues montando
e fuxindo nos lombos de prata
azulados
de raros cabalos mariños! Es a estrofa
construída
cos versos da miña nostalxia, e sen
lerte nunca
seite de memoria, recoñézote en
algures sen verte
cando oio en ti sons de harmonía.
Agrádame
que a música sexa túa se vou
soñarte ó longo da vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario