1.- Rabal
d).- Versos nas horas calmas P 3
Poema
nº 3
Ameite
no dorso dunha bolboreta inventada,
compartindo o seu voo misterioso
sen oírte,
finxindo orgasmos escondidos polo
aire
dese tempo aínda case non nacido.
Ameite no voo dunha bolboreta
inexistente,
no fundido crisol do nada, entre a
terra e o ceo,
máis alá, moito máis alá da morte
sen nacemento,
no silencioso vento das ánimas encarceradas,
perdidas no camiño en procura da
vida.
Ameite cando a chuvia fíxose auga
na boca da treboada, cando os fogos
crepitantes
de artificio alumaban en zigzag
escandaloso
ese baleiro tan escuro dun máis alá
descoñecido.

No hay comentarios:
Publicar un comentario