Archivo del blog

miércoles, 10 de julio de 2019

Versos nas horas calmas P 7

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
d).- Versos nas horas calmas  P 7



Poema nº 7

Mergúllome no río das túas lembranzas
e aínda bebo da auga da túa cara.
Non esquecín o sabor do teu corpo
e sigo sendo feliz nese amor que non morreu.
Nin me acosan as sombras que me seguen,
pero síntoas nas costas sen miralas.

Non me persegue o brillo do teu sorriso,
pero sinto o gozo de ollalo cando quero
no interior vacuo da túa ausencia.

Escóltame a soidade sen ti, 
pero consólame porque te vexo
coa vista física do meu corazón,
cos ollos tristes da miña alma.

Fuches faro guía referencia
na beira do mar das nosas vidas,
fuches todo aquilo que soñei,
fuches sólida como o aceiro,
e as miñas mans ansiosas
aferrábanse a ti por non perderte.

Quen te levou, envexoso, agredindo
a miña alma tan de a feito?


No hay comentarios: