Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Versos que xurden P 11

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
b).- Versos que xurden  P 11



Poema nº 11

Volviches a ti logo de ver como es,
e unha vez que te sentes como antes
soñas de novo ilusións, soñas
que o teu corpo ten vida, vives
esperando que che abran a porta
tras a que os pensamentos vense
coa dozura do bico nos ollos,
coa pausada caricia da mirada,
e de súpeto intensamente un sorriso
no rostro abre o corazón da túa alma.
Flores, tes pétalos case vermellos,
repartidos pola seda da cara,
de ouro, esmaltado floreiro,
é o debuxo puro dos teus beizos.



No hay comentarios: