1.- Rabal
b).- Versos que xurden P 16
Nº 16
Coácheste fuxindo
por un difuso raio de luz
e detivécheste no piso superior,
non así eu, que por vez primeira,
faltei á túa cita, á túa chamada,
muda como o silencio de Deus.
Non quixo chamarme ao teu lado.
Cruel separación cando o amor está vivo!
Poida que mañá, ao nacer a luz nos meus ollos,
descubra que foi un soño pesado,
onde Deus quixo converterme en bágoa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario