Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Versos que xurden P 1

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
b).- Versos que xurden  P 1



Poema nº 1

Déixame acariñar o teu silencio por se me sentes,
cando chove a alma desde nubes de esperanza,
regando ceos azuis en oasis que nos teus ollos locen
como estrelas vivas de nocturnos desertos.
Os espellos da alma amencen en novos anhelos,
nunca no cofre do teu interior perdidos,
mentres a sedela da sorte é lanzada silandeira,
na procura do goce do feliz invento,
no dilema irresoluto do camiño, 
coreando partituras, á vida abrazados,
con mil voces resoantes misteriosas
como ese ritmo pertinaz dos  latexados.
Espero e sinto porque quero pechar os ollos
para oír como se afastan co vento
os suspiros que se perden no aire abovedado
da miña mente. Onde viven os sentidos.
Veludo na miña mente foron as caricias
desas mans, pel de seda, que as sinto
pechando os ollos, e dando renda solta
no vaivén da memoria a lembrar todo o vivido. 




No hay comentarios: