Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Versos que xurden P 5

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
b).- Versos que xurden  P 5



Poema nº 5

Quero saber de quen foxes
nas túas horas perdidas
cando te sentes acosado
polos verdugos do pensamento.
Nunca poderá ser libre o teu corpo
se te rodea o férreo anel
da incomprensible escravitude
da túa alma sometida.
De novo vin perderte
entre as omisións dolorosas
dos teus pensamentos, prisioneiros
da indiferenza indolente e do medo.
Noto que o que queres é escapar
porque soñas vaguidades,
cando te acosan sen piedade
os feitos viles dos farsantes,
feros verdugos da liberdade. 


No hay comentarios: