1.- Rabal
b).- Versos que xurden.- P 6
Poema nº6
De calquera xeito quixera explicar
por que a cor da herba confúndese
coa cor dos ollos do día, axexante,
curioso, como aquel que busca a calor
das pedras ao sol do mediodía.
Nunca no ocaso final da tarde.
Nin daquela foi de oir a alegría
do toque da guitarra, pero seica a tristeza
dun
violín poñía presenza na armonía
das notas que no cantareiro vento
enchíanse de sons escondidos
coas penas do tempo.
O río oía asubiar no vaivén das ramas
a lozanía das árbores, que aínda conservaban
intactos os traxes de follas, fervellando
ao paso do aire en alento musical,
entre ocres e verdes olladas amorosas,
reflectindo no espello da auga
mil figuras caprichosas.
A paisaxe e o río merendaban
o frescor da tarde con sabor a mel,
facían amor as miradas a escondidas
cando os ollos retirábanse inocentes.
Non busques na contorna outra vida
que de felicidade che mude o ánimo.
Non sei por que chegaches tan tarde
a participar da simetría do cadro
presente no silencio pausado do atardecer.
Será que ainda estás vivo e cústache aceptar
que a morte chegará porque alguén cortou
en calquera época, en calquera lugar,
a ilusión de ser igual a outro igual.
Non prestixies tanto a morte cando
a verdade é que loitaches alporizado
tratando de
aniquilar o rexurdir avisado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario