Archivo del blog

martes, 9 de julio de 2019

Versos que xurden P 9

De Rabal a Vilarelho
1.- Rabal
b).- Versos que xurden  P 9



Poema nº 9

O fume escurecía o corazón de Deus,
o ruído que a morte deixaba nos oídos do vento
xeaba a alma da baía coas súas ondas encrespadas.
A contorna choraba tan suave que as súas bágoas
xamais se confundirían, entre o odio opaco,
co asubiar macabro das bombas asasinas.
Nin unha soa gaivota era síntoma de vida
e o sol escondido tras as emocións do medo
queimaba o pensamento, mortal ferida,
arrasaba para sempre o sereno restablecer
da volta á calma. Desapareceu o tempo.
E o futuro non puido mostrar os mortos.
Só seica a crueldade cos espazos desertos.


No hay comentarios: