1).- Punto e aparte P 3B
Poema nº 3
Son dun pobo da fronteira galaico
portuguesa
onde o vento pola noite fai
remuiños musicais
nas arestas das chemineas,
nos currunchos abaritonados
que os deuses fan soar
anunciando que velan os soños.
Coma se o vento quixese tomar parte
nos “arraiais” das estrelas
cos seus movementos fuxidizos
cara ós ocos escondidos do
firmamento.
Hoxe poido dicir que o fisterre
tamagán
floreceu de novo e a soidade
quedou tocada de morte.
O Chuspe fíxome o agasallo maior
da miña xa longa vida,
un pouco mais ca del.
Unha tonelada de cultura dentro dun
libro
que responde ás inquedanzas de
Lorena Carnero.
Xesús Taboada Chivite érguese da
soidade,
do fin do mundo, do illamento
involuntario
e da man de Lorena, de Aurora e de
Vicente,
demóstrannos que moito mais alá das
estatuas
está o verdadeiro valor do por qué
foron erixidas.
Cando vivín en Verín ía a estudar a
biblioteca
que don Xesús tiña na súa casa da
Calle Maior,
pero eu dedicábame a ler os libros
que tiña
por riba da mesa onde traballaba.
No ano 1965 recibín una carta de de
Don Xesús,
na miña casa de Ourense, emocionante,
co discurso de entrada na RAG
dentro, dedicado.
Marcoume por sempre, apreciábame
como alumno.
Pero este, admirada Lorena, é o
libro da miña vida

No hay comentarios:
Publicar un comentario